Que rica a panceta

Ademais de rica, a panceta merecería que lle escribísemos unha oda. Porque é un produto que pode pasar desapercibido, pero que as súas as posibilidades son infinitas. A panceta (bacon para quen prefira chamarlle así) tanto en elaboracións sinxelas (brasa, prancha, parrilla…) como en acompañamento de receitas máis ou menos elaboradas é un ingrediente moi agradecido, e que ademais non pasa nunca desapercibido.

Que levante a man quen non teña disfrutado dun torresmo en pan como se fose o máis exquisito dos manxares!!

Tamén pode formar parte de elaboracións que, aínda que son de fácil preparación, son moi aparentosas como entrantes ou aperitivos como a panceta con dátiles, ou espárragos.

Panceta con dátiles

Un ingrediente clásico do almorzo máis contundente para comezar o día con moita enerxía son unhas lascas de panceta, con ovos, pan e vexetais.

Na preparación de caldos, asados ou potaxes proporcionan un plus de sabor a calquera receita, como no caso de pratos de culler como as lentellas. Cortada en taquiños no sofrito achega moito sabor, e se queremos usalas como decoración sobre cremas, purés, etc dourámolas ben e, enteiras ou triscadas, colocámolas sobre o prato.

En Embutidos Lalinense somos especialistas en panceta, así que consulta na nosa web cal é o formato que necesitas ben de xeito individual (panceta curada afumada, panceta sen óso curada) ou formando parte doutros produtos como o potaxe galego (panceta, chourizo e lacón) ou a Fresquiña, un surtido de carnes para parrilla. Lembra sacala do seu envase sobre 1 hora antes do seu uso para potenciar todas as súas calidades. Bo proveito!!