Panceta con dátiles

En Embutidos Lalinense hoxe traémosvos unha receita moi vistosa e sinxela que combina o sabor doce dos dátiles co salgado da panceta de porco. Ninguén dixo que unha receita teña que ser laboriosa para estar deliciosa, non si?

Aínda que en galego está moi extendido o termo bacon, o correcto sería panceta; empreguedes un ou outro, nun vira vira poderedes facer un aperitivo ou entrante que sempre trunfa.

panceta de cerdo con dátiles
Panceta con dátiles

INGREDIENTES

  • Dátiles frescos
  • Améndoas peladas sen sal
  • Brochetas ou palillos longos

PREPARACIÓN

Prequenta o forno a 200ºC , con calor arriba e abaixo, durante 10 minutos.

Quítalle o óso aos dátiles e no seu lugar introduce 2 améndoas peladas.

Pon unha loncha de panceta ao redor de cada dátil e pecha cun palillo. Se a loncha é moi finiña pode ser enteira.

Unha vez que as teñas todas as pezas podes frixilas ou facelas ao forno. Se optas pola tixola procura que o aceite estea ben quente. Cunha cullerada de aceite será suficiente, xa que a panceta ten graxa que fundirá de marabilla co calor da tixola. Despois frixe as pezas de panceta e cando estean douradas retira a unha bandexa cun papel absorvente.

Se preferimos cociñar as pezas de panceta ao forno, forra unha bandeixa con papel de forno e cocíñaa a media altura durante 10 minutos a 250 graos. Se che gustan doradiños dálles a volta e tenos uns 5 minutos máis.

E voilá!