Delicias da comarca: viño do Ribeiro Villa Paz

Javier Monsalve

Hoxe conversamos con Javier Monsalve, xerente da Adega Eloi Lorenzo. A súa aposta? Viños naturais, de calidade, elaborados de xeito artesanal, en harmonía co entorno como Villa Paz.

A adega conserva a naturalidade, nobreza e xenerosidade do seu fundador, o médico rural que lle dá nome á adega, moi querido na comarca, coñecido na Arnoia como “o médico dos pobres”.

Cando se fundou a empresa? A Adega fundouna a miña avoa Paz Lorenzo no ano 1978, co nome de Villa Paz. Pero é no 2000 cando eu retomo a actividade abandonada dende  a morte da miña avoa. Tiven que restruturar o viñedo, e no ano 2006 saquei ao mercado o meu primeiro viño co nome do meu bisavó, Eloi Lorenzo.

Como definides a vosa empresa? Empresa familiar de subsistencia.

Cal é o voso produto estrela? Eloi Lorenzo Lado 100 % e Villa Paz Coupage.

Villa Paz
Ribeiro Villa Paz

Que diferenza o viño Villa Paz doutros? Que características destacarías del? (produto dispoñible na nosa tenda online) É un viño que parte dunha viticultura moi coidada onde as produccións máximas son de 8.000 kg por Ha. O noso obxectivo é o equilibrio na finca, preservando a vida natural do entorno.

De que maneira estades sufrindo a situación que nos toca vivir neste momento? Pois con moita incerteza en canto ao mercado internacional e ao da hostalaría nacional.

Pensades que esta situación vai modificar no futuro o modo de produción e consumo alimentario? Penso que si, o modo de vida e consumo ten que cambiar para que se faga sostible a vida no planeta. É necesario que a poboación cambie os seus hábitos de consumo para facer isto posible.

Unha frase ou pensamento de cara aos novos tempos?Estamos preparados para vivir en equilibrio coa natureza e co resto de seres humanos do planeta.