Sorteo Aúpa Xaneiro

Queremos agradecer a confianza dos nosos clientes e clientas comezando 2023 co sorteo Aúpa Xaneiro.

Queremos que, se non che tocou a lotería, che toque polo menos unha das nosas tarxetas agasallo que consiste nun vale de compra por importe de 50 euros para canxear nas nosas tendas de Lalín e Agruchave.

2500 euros repartidos en 50 vales de compra por importe de 50 euros cada un.

Ata o 31 de decembro entregaremos a cada cliente/a que realice unha compra nas nosas tendas de Lalín e Agruchave unha participación para participar no sorteo que se celebrará o día 7 de xaneiro na nosa tenda de Lalín. Entregarase unha única participación por cliente, independentemente das compras que realice.

Para participar no sorteo é requisito imprescindible cubrir os datos solicitados de xeito claro, Nome e teléfono, co fin de poder contactar cos gañadores/as. Unha vez cuberta a participación deberase depositar nas urnas que a empresa disporá para tal fin nas súas tendas.


*Quedan excluídos da participación na presente promoción o persoal vinculado a Embutidos Lalinense, así como os familiares de todos eles, ata o primeiro grao de afinidade ou consanguinidade, non podendo en ningún caso beneficiarse dos premios do presente sorteo, tal e como recollen as bases.