27 de xaneiro de 2018. Días bonitos que merecen permanecer na nosa Memoria. Compartimos un resume, e moi pronto, vídeo completo de como celebramos os 50 anos da Feira do Cocido de Lalín.
ÚLTIMAS NOTICIAS
Exposición de humor gráfico
Calros Silvar, Gogue, Xaquín Marín, Luís Davila, Pepe Carreiro, Nacho Hortas, Paco Oti, Xosé Lois O Carrabouxo… participaron na exposición Humor Gráfico que organizamos con motivo dos 50 anos do Cocido de Lalín. Das súas viñetas editáronse ao redor de 8000 postais para espallar o traballo destes humoristas gráficos como unha pequena homenaxe […]
Nos medios
RADIO GALEGA Programa A Tarde, mércores 31 de xaneiro (Hora 17:00 horas, minuto 06:25) http://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-31-01-2018-3629967 LA VOZ DE GALICIA https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2018/01/27/humor-grafico-lalin-mano-embutidos-lalinense/0003_201801D27C119911.htm https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2018/01/28/foto-r-foto-rober-amado/0003_201801D28C119910.htm FARO DE VIGO http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/01/25/embutidos-lalinense-organiza-muestra-humor/1825823.html http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/01/27/embutidos-lalinense-edita-8000-postales/1827219.html EMISORA: RADIO VOZ VOCES DE GALICIA, 23 DE XANEIRO A PARTIR DO MINUTO 30.40 http://www.radiovoz.com/archivo/10/vocesdegalicia/
O Pata Negra dos Lacóns
Tempo de Cocido, de conversa e sobremesa. De sabores, texturas e colores. O noso lacón, de carne máis saborosa, tenra, melosa e saudable. Pola súa graxa insaturada e ácido oleico. Pola xenética da súa raza, 100% Duroc e a coidada alimentación. Porque o Lalinense, é o Pata Negra dos lacóns. Próbao e gozarás.
AGASALLA EMOCIÓNS
Temos varias propostas para que os teus agasallos de Nadal provoquen emocións. Desde o Kit Atimorriña Especial Nadal ata as fermosas caixas Nadal Rosalía, Nadal Breogán, Nadal Lalinense… cada unha cunha selección de produtos excelentes. Se che regalan Lalinense é que te queren ben.
Do porco aprovéitase todo
Para coñecernos máis e mellor podedes vernos no programa Vivir Aquí da TVG a partir do minuto 36 e da man de Ana López e Daniel García poderedes saber a nosa historia e os segredos dos nosos produtos ? Moitas grazas ao equipo do programa Vivir Aquí e en especial a Nicolás e a Jaime. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/do-porco-aproveitase-todo-1
Premio polo fomento do galego na empresa
O pasado 12 de novembro recollemos con ilusión o premio concedido pola AEDEZA polo Fomento de Galego na Empresa. Agradecid@s!
Éxito no Salón Gourmet Etiqueta Negra
Moi contentos coa nosa participación no Etiqueta Negra Gourmet que se celebrou esta fin de semana en Pontevedra. Grazas a tod@s os que viñestes coñecernos ou pasar a saudarnos. Ata pronto!

