Chorizo artesano

Chorizo curado extra 100% natural de Embutidos Lalinense

El chorizo curado extra de Embutidos Lalinense es 100% natural porque sólo lleva carne escogida de la mejor calidad, pimentón, ajo y sal.

Un chorizo gallego artesano, sin aditivos, sin colorantes, sin conservantes, sin gluten ni lactosa. Como los chorizos de pueblo. Delicioso para cocinar, para el cocido, fabada, potajes, sofritos, etc

Además se ata a mano, y se ahuma superficialmente con leña de roble. Así se hace desde 1949.

Pídelo en tu tienda habitual, llámanos al 986 787 171 ext. 43 o cómpralo en nuestra tienda online www.embutidoslalinense.com

Chourizo artesán

Chourizo curado extra Lalinense

O chourizo curado extra de Embutidos Lalinense é 100% natural porque só leva carne escollida da mellor calidade, pementón, allo e sal.

Un chourizo galego artesán, sen aditivos, sen colorantes, sen conservantes, sen gluten nin lactosa. Como os chourizos da aldea. Delicioso para cociñar, para o cocido, potaxes, rustridos, etc

Ademais átase a man, e afúmase superficialmente con leña de carballo. Así se vén facendo desde 1949.

Pídeo na túa tenda habitual, chámanos 986 787 171 ext. 43 ou cómprao na nosa tenda online www.embutidoslalinense.com

Volver ao natural

Foto chorizo Embutidos Lalinense

A moda de outono é volver ao natural. É elaborar os nosos produtos de xeito máis saudable, con menos sal, con menos graxas, sen aditivos, nin conservantes. Coa confianza que dá a nosa marca, pero mellorando día a día.

O chourizo Extra Lalinense -en formato granel- pódelo atopar pendurado no súper, no ultramarinos ou na túa carnicería de sempre. E tamén na nosa tenda online se non tes un punto de venta próximo. Está elaborado só con carne de porco, pementón denominación de orixe, sal e allo, e ten un sabor excepcional. Nada máis.

Ou si. Algo importante, para ter ese sabor tan característico afumámolo superficialmente con leña de carballo.

Volver ao natural é recordar o sabor do chourizo de aldea. Por que? Porque é exquisito para cociñar, para cocidos, potaxes, fritido… Pero ben curadiño e acompañado dun pan rico é un pestisco que non cambiarás polo mellor restaurante.

O noso logro? Conseguir prescindir do accesorio para facer co esencial un chourizo dunha calidade e sabor excepcionais.

E ti, a que esperas para probalo?

O segredo do cocido

O segredo dun estupendo cocido son os seus ingredientes: compartimos tres deles que tedes á vosa disposición na tenda online

Cabeza curada, lacón tradicional sen pata, lacón 100% Duroc (o pata negra dos lacóns é Lalinense, único en Galicia)

Feliz cocido!