Exposición de humor gráfico

   

Calros Silvar, Gogue, Xaquín Marín, Luís Davila, Pepe Carreiro, Nacho Hortas, Paco Oti, Xosé Lois O Carrabouxo… participaron na exposición Humor Gráfico que organizamos con motivo dos 50 anos do Cocido de Lalín. Das súas viñetas editáronse ao redor de 8000 postais para espallar o traballo destes humoristas gráficos como unha pequena homenaxe cara ao seu traballo. Infinitamente agradecidos.

O día da inauguración foi de reencontro e conversas ao redor dun fabuloso cocido que nos prepararon Onde Antonio. Día ben bonito que non esqueceremos.

Comparte en:Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn