A empresa reducirá nun 20% o consumo diurno de electricidade
Embutidos Lalinense, empresa familiar con máis de 70 anos de traxectoria no sector cárnico galego, continúa co seu plan de mellora na política medio ambiental que comezou xa hai varios anos.
A instalación de 230 paneis solares na fábrica que a empresa ten en Agruchave, cunha potencia unitaria de 450 w, producirán nesta fase inicial, un 10% da enerxía que a empresa consome.
Esta medida conleva un aforro importante dado o gasto enerxético anual desta empresa referente no sector cárnico galego.
A enerxía estimada de produción solar é de 131.235,31 kWh/ano, o que supón unha reducción estimada de consumo diurno de aproximadamente o 20%
A instalación fotovoltaica é un paso máis nun conxunto de actuacións emprendidas hai anos, dentro dun plan de coidado ambiental e aforro enerxético. A estas medidas, súmanse outras como a substitución de maquinaria antiga por outra máis moderna, con consumos máis sostibles, o uso de luces Led nas instalacións, luces de presencia, etc
Desde Embutidos Lalinense manifestan que «son medidas que ademais dun aforro enerxético contribúen ao coidado do ambiente, xunto co uso de enerxías renovables e a implantación de sistemas de xestión da enerxía máis sostibles. As políticas de eficiencia enerxética, ademais do aforro, forman parte da responsabilidade social que temos como empresa. Este plantexamento é transversal a todos os departamentos e reflíctese en cada unha das accións realizadas»
A aposta polos provedores locais ou comarcais, desde os gandeiros cos que traballan ata empresas de servizos é unha das máximas da empresa. No caso que nos ocupa, «a empresa responsable da instalación, Formatesa, ten a súa sede en Lalín con grande experiencia no sector da enerxía”, segundo explica Cruz López, responsable de comunicación de Embutidos Lalinense.
Coa instalación dos paneis solares deixanrase de emitir a atmosfera 54 toneladas de dióxido de carbono cada ano segundo os cálculos realizados pola empresa instaladora.
A repercusión desta nova nalgúns medios podedes seguila aquí:
Esta instalación contou cunha subvención do