Perillos, barazas e artesas

O día que falamos de perillos, barazas e artesas foi emocionante.

Porque o faciamos convidad@s polo foro Enrique Peinador que recoñece o labor de empresas sensibles coa lingua galega; porque era no Pazo de Fonseca, diante dos reitores das tres universidades galegas; porque tiñamos como compañeiros a empresas que son referentes como Seguridade A1 e Navantia; porque falabamos de nós e da nosa traxectoria e iso sempre asusta un pouco.

Foi o pasado 10 de outubro, no Pazo de Fonseca en Compostela, cando o Foro Enrique Peinador, con motivo da homenaxe a Ramón Castromil, nos convidou a falar do uso do galego na nosa empresa.

O vídeo do acto completo con todas as intervencións podedes velo aquí:

https://www.facebook.com/galeguizargalicia/videos/358635166701049?locale=es_ES