Amancio Gran Reserva

Amancio Gran Reserva by Embutidos Lalinense é o último produto que sacamos ao mercado. Por que é un xamón excepcional? A escolla da raza Duroc, o demorado proceso de secado e maduración de máis de 18 meses, confírenlle un sabor doce, aromático e evocador á bodega natural na que se realiza este proceso. Presenta un 22% menos de sal que a media de xamóns do mercado, o que o fai idóneo para seguir unha dieta sana e equilibrada. Presenta menor aporte calórico que outros xamóns do mercado.

O xamón achega proteínas de alto valor biolóxico, pero tamén vitaminas, ferro, fósforo, potasio e unha composición de ácido graxos moi importantes, xa que favorece un bo mantemento das funcións cerebrais e protéxenos das enfermidades cardiovasculares.

Amancio Gran Reserva é xamón, xamón!

 

io