Intolerancias e alerxias alimentarias

Cada día son máis as persoas que teñen alerxias ou intolerancias alimentarias, que son cousas diferentes. Desde Embutidos Lalinense imos explicar moi superficialmente a diferenza entre elas: as alerxias presentan unha reacción do sistema inmunitario, mentres que no caso das intolerancias trátase dun problema metabólico e dixestivo.

Nos casos de alerxia, con síntomas máis graves, a persoa non pode inxerir nin sequera pequenas cantidades do alimento.
A intolerencia débese xeralmente á falta de compoñentes necesarios para a correcta dixestión do alimento desencadeante, pero sen a acción do sistema de defensa. Sen embargo, existe unha excepción, o glute. A intolorerancia ao glute presenta tamén alteracións no sistema inmunolóxico.


As alerxias aparecen xeralmente despois de 30 a 60 minutos da inxestión e poden chegar a ser graves. Polo contrario, os síntomas de intolerancia alimenticia poden tardar máis en aparecer e teñen un carácter máis leve.

O glute e a lactosa son dúas das principais intolerancias alimenticias máis comúns, polo que é bo saber que máis do 98% dos nosos produtos non conteñen nin glute nin lactosa 😀