Aprender de forma amena e didáctica como preparar unha bandexa de aperitivos. Aprender a combinar os distintos produtos, conseguir volumen e texturas; incorporar ademais de embutidos, queixos tenros e curados, froitos secos e froitas. Escoitar a Patricia Galego falar de microplásticos, da recomendación en comprar en carnicerías, pescaderías, ou froiterías. De consellos para comprar mellor. Niso consistiu o curso de Preparación de aperitivos que celebramos na Gastroteca Lalinense, en Agruchave (Lalín) o pasado sábado 7 de setembro.
Para elaborar as táboas traballamos cos seguintes ingredientes: xamón cocido Amancio, xamón curado Gran Reserva Amancio, chourizo, salchichón, lacón curado cocido, panceta rechea, queixo cremoso O larpeiro, queixos Los Gameros, froitos secos (noces, améndoas sen tostar), froitas (uvas, arandos, tomates, arandos deshidratados…), carne de marmelo O larpeiro, mel Antoxo do Carrio
Por aquí algunhas fotos de como foi o curso 😊





