Volver ao natural

Foto chorizo Embutidos Lalinense

A moda de outono é volver ao natural. É elaborar os nosos produtos de xeito máis saudable, con menos sal, con menos graxas, sen aditivos, nin conservantes. Coa confianza que dá a nosa marca, pero mellorando día a día.

O chourizo Extra Lalinense -en formato granel- pódelo atopar pendurado no súper, no ultramarinos ou na túa carnicería de sempre. E tamén na nosa tenda online se non tes un punto de venta próximo. Está elaborado só con carne de porco, pementón denominación de orixe, sal e allo, e ten un sabor excepcional. Nada máis.

Ou si. Algo importante, para ter ese sabor tan característico afumámolo superficialmente con leña de carballo.

Volver ao natural é recordar o sabor do chourizo de aldea. Por que? Porque é exquisito para cociñar, para cocidos, potaxes, fritido… Pero ben curadiño e acompañado dun pan rico é un pestisco que non cambiarás polo mellor restaurante.

O noso logro? Conseguir prescindir do accesorio para facer co esencial un chourizo dunha calidade e sabor excepcionais.

E ti, a que esperas para probalo?