Alimentación equilibrada: a clave para facer fronte á astenia primaveral 

Porque vivir o cambio de estación con enerxía e vitalidade tamén é posible

Coa chegada da primavera, moitas persoas experimentan unha sensación de cansazo, falta de enerxía ou dificultade para concentrarse, entre outros síntomas.  É o que coñecemos como astenia primaveral, un proceso de adaptación do noso corpo ao cambio de estación que inclúen un aumento das horas de luz, de temperatura e modificación das rutinas.

Co obxectivo de afondar neste tema e ofrecer recomendacións prácticas, tivemos o pracer de contar na Gastroteca Lalinense coa nutricionista Patricia Galego, de Qichen Biocociña, que impartiu unha charla centrada na alimentación e os hábitos saudables para gañar enerxía e vitalidade nesta época do ano. 

Aposta por unha alimentación nutritiva

Unha das claves principais para combater a astenia primaveral está no que comemos. Por iso, dende Embutidos Lalinense queremos ofrecerche algunhas ideas para inspirar os teus menús e poñercho máis doado no día a día. 

Almorzo

  • Tosta de tomate con xamón Amancio Gran Reserva. 
  • Sándwich de queixo, tomate seco, rúcula e o noso xamón cocido Extra Amancio. 
  • Iogur natural cun pouco de mel Antoxo do Carrio, noces e granola. 

Podes acompañar o teu almorzo con froita de tempada. 

Xantar

  • Potaxe de lentellas co noso pack de chourizo, lacón e panceta. Inclúe pemento vermello para absorver máis ferro das legumes.  
  • Ensalada de espinacas, tomate, cenoira, cebola, aceitunas negras, pistachos e taquiños de lacón curado cocido. Inclúe un aliño con limón para favorecer a absorción do ferro das espinacas e dos pistachos. 
  • Conserva de cocido galego Unha opción rápida e completa para cando non teñas tempo de cociñar. 

Cea

Non esquezas incorporar hábitos de vida saudable

A astenia primaveral é un proceso temporal, pero con pequenos cambios nos nosos hábitos podemos afrontala mellor.

  • Hidratación: bebe suficiente auga, infusións ou caldos. 
  • Movemento: a práctica de exercicio físico pode axudar a activar o organismo e mellorar o estado de ánimo. 
  • Descanso: durmir as horas necesarias e ter tempo de desfrute é imprescindible para poder ter boa enerxía.