Tempo de Cocido, de conversa e sobremesa. De sabores, texturas e colores. O noso lacón, de carne máis saborosa, tenra, melosa e saudable. Pola súa graxa insaturada e ácido oleico. Pola xenética da súa raza, 100% Duroc e a coidada alimentación. Porque o Lalinense, é o Pata Negra dos lacóns. Próbao e gozarás.
AGASALLA EMOCIÓNS
Temos varias propostas para que os teus agasallos de Nadal provoquen emocións. Desde o Kit Atimorriña Especial Nadal ata as fermosas caixas Nadal Rosalía, Nadal Breogán, Nadal Lalinense… cada unha cunha selección de produtos excelentes. Se che regalan Lalinense é que te queren ben.
Do porco aprovéitase todo
Para coñecernos máis e mellor podedes vernos no programa Vivir Aquí da TVG a partir do minuto 36 e da man de Ana López e Daniel García poderedes saber a nosa historia e os segredos dos nosos produtos ? Moitas grazas ao equipo do programa Vivir Aquí e en especial a Nicolás e a Jaime. http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/do-porco-aproveitase-todo-1
Premio polo fomento do galego na empresa
O pasado 12 de novembro recollemos con ilusión o premio concedido pola AEDEZA polo Fomento de Galego na Empresa. Agradecid@s!
Éxito no Salón Gourmet Etiqueta Negra
Moi contentos coa nosa participación no Etiqueta Negra Gourmet que se celebrou esta fin de semana en Pontevedra. Grazas a tod@s os que viñestes coñecernos ou pasar a saudarnos. Ata pronto!
Lalinensas no Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2017/09/16/hamburguesa-sabor-lalin/1750873.html
Preparando
Cando o traballo é un pracer. Así foi a sesión de fotos do pasado 20 de xullo, coa mirada de Serxo e a mestría de Diego López, do restaurante La Molinera de Lalín, que se ocupou da preparación e composición dos pratos. Fotos bonitas que axiña veredes.
Nuestros fiambres, sanos y ricos
Conoces nuestra familia de fiambres cocidos? Lacón cocido, relleno, con grelos, cabeza prensada, oreja cocida… Sin gluten, sin lactosa, sin azúcares, sin alérgenos… ❤️ Bajos en sal y grasas, nuestros fiambres cocidos tienen todo el sabor y menos calorías. Acompáñalos de una ensalada o de unas verduras al vapor y cúidate! En tu casa a un […]

