Somos unha empresa familiar que nace en 1949 en Lalín, no centro de Galicia, na comarca do Deza, a máis representativa da produción agroalimentaria galega.
Dos nosos pais e avós aprendemos que a materia prima ten que ser da máxima calidade e o proceso de fabricación rigoroso.
Seguimos elaborando de xeito tradicional os embutidos, que se caracterizan polo atado manual e o afumado superficial con leña de carballo. Combinando tradición e modernidade desenvolvemos innovadores produtos como os Friames de Lacón con grelos e chourizo e as conservas de Cocido e Lacón con grelos que foron recoñecidas con diversos premios; ademais do Pastel Salgado de Lacón con grelos, produtos baixos en sal, etc
Conscientes da importancia de coidar todo o proceso temos granxas propias, contamos con matadoiro, salas de despezamento, salga, afumado, etc. polo que podemos ofrecer aos nosos clientes produtos frescos, elaborados, salgados, curados, etc. apostando por completar o círculo de produción.
A calidade de Embutidos Lalinense está certificada por tres normas ISO de carácter internacional que para nós son moi importantes, tanto como a vontade de facelo ben, que se certifica co respaldo dos nosos clientes, desde hai casi 70 anos.
O noso patrimonio é tamén o grande equipo de traballadoras e traballadores que forman esta empresa e o noso compromiso social que nos leva a colaborar con múltiples iniciativas deportivas, sociais e culturais, porque só valorando o máis próximo, seremos capaces de chegar a calquera parte do mundo. |