esp  |  gal  |  eng   Facebook Unión europea
 

Somos unha empresa familiar que nace en 1949 en Lalín, no centro de Galicia, na comarca do Deza, a máis representativa da produción agroalimentaria galega.
Dos nosos pais e avós aprendemos que a materia prima ten que ser da máxima calidade e o proceso de fabricación rigoroso.
Seguimos elaborando de xeito tradicional os embutidos, que se caracterizan polo atado manual e o afumado superficial con leña de carballo. Combinando tradición e modernidade desenvolvemos innovadores produtos como os Friames de Lacón con grelos e chourizo e as conservas de Cocido e Lacón con grelos que foron recoñecidas con diversos premios; ademais do Pastel Salgado de Lacón con grelos, produtos baixos en sal, etc

Conscientes da importancia de coidar todo o proceso temos granxas propias, contamos con matadoiro, salas de despezamento, salga, afumado, etc. polo que podemos ofrecer aos nosos clientes produtos frescos, elaborados, salgados, curados, etc. apostando por completar o círculo de produción.

A calidade de Embutidos Lalinense está certificada por tres normas ISO de carácter internacional que para nós son moi importantes, tanto como a vontade de facelo ben, que se certifica co respaldo dos nosos clientes, desde hai casi 70 anos.

O noso patrimonio é tamén o grande equipo de traballadoras e traballadores que forman esta empresa e o noso compromiso social que nos leva a colaborar con múltiples iniciativas deportivas, sociais e culturais, porque só valorando o máis próximo, seremos capaces de chegar a calquera parte do mundo.

 
BLOG
 
© Embutidos Lalinense, SL     •    Agruchave, 16 · 36500 LALÍN Galicia (España)     •    T. 986 780 257 - 986 787 171 - F. 986 783 859     •    info@embutidoslalinense.com
Política de Cookies   |  Política de Privacidade   |  Aviso Legal   |  Condicións de uso e venda   |  Axudas